Hoxe é Xoves 16 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A terapeuta Cesdith LaMadrid ofrece unha charla gratuíta sobre o duelo

651002686_2876761335989146_4737971484774216620_n

O Multiusos da Xunqueira acolle mañá venres 17 de abril, ás 19:30 horas a charla “Duelos Significativos: Como saír adiante”, impartida pola neuropsicóloga e terapeuta Cesdith LaMadrid. A entrada é libre e gratuíta.

A actividade, organizada en colaboración co Concello de Redondela, pretende ofrecerlles aos asistentes ferramentas prácticas para transformar a dor nun camiño de crecemento e superación. Tal e como anuncia o cartel do evento, “o duelo chega como unha tormenta que ninguén invita”.

 LaMadrid explica por que é tan necesario falar abertamente do duelo: “O duelo é a perda, é unha perda de algo ou de alguén, pero tamén dese algo emocional que causou un profundo impacto significativo e moi profundo para ti”. A terapeuta, que basea gran parte do seu traballo na súa propia experiencia vital e no seu libro Sobreviviendo al dolor, al pánico y a la ansiedad (Relatos de una terapeuta, vol. 2), salientou que o duelo non se limita só á morte física, senón que abarca todo tipo de perdas significativas: dunha parella, da saúde, da identidade ou incluso da relación cun fillo que se independiza.

Nesta edición a terapeuta comparte historias reais de persoas que viviron situacións difíciles, co obxectivo de abordar o duelo de forma xeral pero redirixido de maneira positiva. Como exemplo persoal, relata o secuestro da súa nai: “Considéroa unha muller loitadora, , e que para min é un espello marabilloso que me ensinou a ser a muller que son hoxe en día”.

 “Hai moitos tipos de duelo”, subliñou LaMadrid, e lembrou que o cerebro reacciona cun mecanismo de defensa natural —o shock— para procesar pouco a pouco a dor. “É totalmente normal non sentir nada ao principio. É un mecanismo neurobiolóxico. O importante é non estar só: o acompañamento, un abrazo sincero, unha escoita sen xuízos, é o que realmente axuda a transitar por estas etapas”.

Advirte tamén sobre o peso da culpa no proceso de duelo: “A culpa moitas veces é o que fai que ese duelo sexa máis profundo ou máis prolongado no tempo, porque batallas coa idea de non ter expresado todo o amor que podías dar”.

A charla promete ser un espazo de reflexión e apoio para todas aquelas persoas que estean atravesando algunha forma de perda significativa. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará