Hoxe é Mércores 15 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior renovará a Montesiña con tres novas pistas de pádel e máis de 260.000 € de investimento

pistas padel

A Deputación de Pontevedra financiará a reforma integral do complexo deportivo da Montesiña cun investimento superior aos 260.000 euros destinado á creación de tres pistas de pádel. O proxecto contempla a transformación da actual pista de tenis situada na parte baixa do recinto nun novo espazo deportivo máis adaptado á demanda actual. A actuación incluirá tamén a ampliación das bancadas e a adecuación da cuberta ás dimensións das novas pistas.

As obras comezarán cunha fase previa de limpeza do terreo, retirada de peches e demolición da superficie existente. Posteriormente, executarase unha nova base con saburra artificial e pavimento de formigón poroso, sobre a que se instalarán as pistas de pádel. O proxecto complétase coa instalación de iluminación, sistema de drenaxe de augas pluviais, estrutura para as gradas e o peche lateral, ademais dos acabados finais de pintado e vernizado.

O deputado provincial Alejandro Lorenzo confirmou que o financiamento da reforma e instalacións destas tres pistas de padel contará cun ivnestimento de máis de 260.000 € que se estruturará a través de dous programas provinciais: unha achega de 122.000 euros procedente do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e outros 141.000 euros do Plan +Provincia 2026-2027.

Esta intervención permitirá modernizar unha instalación xa existente e ampliar a oferta deportiva municipal, adaptándoa a disciplinas cunha crecente implantación social como o pádel.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará