Hoxe é Martes 19 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O malestar pola Sanidade pública leva a máis de 600 persoas a manifestarse diante do Centro de Saúde

sanidade 1

Ao berro de “Xunta escoita, Redondela esta na loita” e “Rueda atende, a sanidade non se vende”, uns seiscentos veciños e veciñas concentráronse na tarde de hoxe as portas do Centro de Saúde para reivindicar medidas para atallar a situación crítica da sanidade pública. A plataforma pola defensa da sanidade de Redondela anunciou que se manterán as protestas “con concentracións cada segundo martes de cada mes” ata que, cando menos, se repoñan os médicos da quenda de tarde, actualmente sen atención pola non substitución dos facultativos que se atopan de baixa ou son vacantes que non están cubertas.

Unha falta de profesionais médicos que se traduce en que os pacientes teñen que ser atendidos no PAC ou incluso derivados ao Hospital Álvaro Cunqueiro o que supón un prexuizo para os pacientes pero tamén unha saturación innecesaria das urxencias “por cuestións médicas que deberían ser atendidas na atención primaria”.

Así o explicaba Andres Giraldez na lectura do manifesto remarcando que “un centro de saúde sen facultativos é un centro que non cura”.

Unha situación que se está a prolongar durante meses e que provoca tamén listas de agarda de ata un mes tanto para conseguir unha cita no médico de cabeceira como para as extraccións de sangue.

A protesta celebrouse ás portas do Centro de Saúde con intervencións de varios usuarios e usuarias que puxeron de manifesto a “situación crítica e insostible” da atención primaria na zona así como as demoras inasumibles nas citas cos especialistas. Facían referencia tamén as esperas en saúde mental que tardan máis dun ano poñendo en risco a vida das persoas que precisan de atención psicolóxica

A mobilización estivo precedida pola instalación, desde as 19:00 horas, dunha mesa informativa destinada a asesorar aos veciños na presentación de reclamacións formais relacionadas coa atención sanitaria para que “as queixas se trasladen tamén ao SERGAS” e forzar a Sanidade a tomar medidas correctoras ante a situación actual.

Neste sentido, a plataforma alerta dunha falta de persoal “crónica” que, aseguran, alcanzou un punto límite. Lembran que finais de marzo dos 15 médicos de familia asignados ao centro unicamente cinco estaban operativos e que, a día de hoxe, son a metade dos facultativos adscritos ao centro os que atenden aos pacientes.

Entre as súas principais reivindicacións, a Asemblea esixe a cobertura inmediata das prazas vacantes, a redución das listas de espera e medidas urxentes para desconxestionar tanto a PAC como as urxencias.

Demandas que tamén puxeron sobre a mesa algúns dos manifestantes que tomaron a palabra para denunciar peches en servizo tan  esenciais como oncoloxía e radioterapia co peche das quenda de noite.

Alertaban tamén do risco dos seguros privados “que poden cubrir patoloxáis leves, pero que ante unha cancro ou enfermidade grave non van prestar a atención que se precisa”.

Neste sentido, houbo quen contou en primeira persoas as eivas dos seguros privados

A plataforma pola defensa da sanidade de Redondela convida á cidadanía a seguir manifestándose o segundo martes de cada mes para reverter o deterioro da sanidade pública.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará