Hoxe é Sábado 4 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia a paralización do viveiro de empresas por “intereses electorais”

praza-da-petanca-1024x576

Os nacionalistas achacan a falta de avances no proxecto de viveiro de empresas anunciado polo goberno municipal a unha estratexia electoralista de Digna Rivas “quen actúa como cómplice de David Regades ao non poñer en marcha un equipamento para o tecido empresarial redondelá” . O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, sostén que a iniciativa “presentada no seu día como un dos grandes logros do mandato” atópase en situación de “abandono total”.

O proxecto contemplaba a rehabilitación do edificio ao carón da ponte de Pasais para destinalo a viveiro de empresas, co obxectivo de facilitar espazos a pequenas iniciativas empresariais mediante alugueres competitivos. O acordo, anunciado en 2023, establecía que Zona Franca de Vigo asumiría a adquisición e rehabilitación do inmoble, mentres que o Concello de Redondela encargaríase da  súa xestión a través dun convenio.

O BNG subliña que os compromisos fixaban o ano 2025 como horizonte para ter as obras practicamente finalizadas. Con todo, a día de hoxe aseguran que aínda non se teñen publicadas as bases do concurso de rehabilitación “o que evidencia un atraso de máis dun ano”.

A formación nacionalista responsabiliza desta situación á alcaldesa Digna Rivas e ao presidente da Zona Franca de Vigo, David Regades, aos que acusa de non impulsar a execución do proxecto. Advirten ademais de que o estado actual do edificio podería xerar problemas de seguridade para os peóns da zona.

Desde el BNG insisten na necesidade de priorizar este tipo de equipamentos para reforzar o tecido empresarial e favorecer o desenvolvemento económico do municipio. Lembran que xa no 2019 comezárase a lanzar a mensaxe da necesidade deste equipamento e pregúntase se as eleccións do 2027 van ser “os terceiros comicios municipais nos que se vai falar do viveiro de empresas”.

“Debemos actuar en base a uns criterios previamente establecidos e con responsabilidade, cousa que na actualidade o goberno municipal non está a facer”, lamenta. “Atopámonos nunha encrucillada onde a Xunta do PP non inviste e o PSOE marca unha dinámica de ralentización de obras e equipamentos con perspectiva electoral”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará