Hoxe é Sábado 4 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O alumno do IES Pedro Floriani Álex González Allica clasificado para as Olimpíadas Estatais de Xeografía

xeografia1

Álex González logrou o segundo posto nas XVII Olimpíadas de Xeografía de Galicia, celebradas o pasado 27 de febreiro en Santiago de Compostela, o que lle permite clasificarse para a fase estatal que terá lugar en maio en León. A proba consistiu en medio centenar de preguntas de diferentes aspectos da materia de Xeografía de 2º de Bacharelato.

Un grupo de 7 alumnos e alumnas do IES Pedro Floriani participou o pasado 27 de febreiro nas XVII Olimpíadas de Xeografía de Galicia celebras na facultade de Historia en Santiago de Compostela.

Álex González Allica acadou o segundo posto entre todo o alumnado participante. Este recoñecemento dálle dereito a participar na fase estatal que se celebrará no mes de maio na cidade de León. Resulta curioso que Allica non tiña nas súas preferencias de matrícula a materia de Xeografía. A súa primeira opción era Grego mais, ao non conseguir o mínimo de alumnado, non se puido ofertar este curso polo que se matriculou na materia de Xeografía.

Esta é a segunda vez que un alumno do IES Pedro Floriani se clasifica para a fase estatal das Olimpíadas de Xeografía o que supón un recoñecemento ao traballo realizado polo Departamento de Ciencias Sociais nesta materia nos últimos anos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará