Hoxe é Domingo 25 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As novas instalacións do IES Pedro Floriani levan máis de tres meses sen internet 

pedor floriani

Foto: Visita do Conselleiro ás instalacións a principios de outubro

As novas instalacións inauguradas no inicio de curso supuxeron unha mellora no centro educativo ao dotalo de máis espazos para impartir as clases de Bacherelato, Ciclo Básico de Instalacións electrónicas e un taller de tecnoloxía. Con todo, estas novas instalacións contan cunha eiva importante ao careceren de internet o que obriga ao profesorados ter que empregar os datos dos seus dispositivos electrónicos particulares para fornecer de internet aos portátiles e ás pantallas dixitais. Un problema derivado da “incapacidade da administración educativa de habilitar wifi nunhas novas instalacións pensadas en teoría para o ensino do século XXI”.

As novas instalacións foron inauguradas no inicio de curso polo propio conselleiro de Educación Román Rodríguez  quen visitou, xunto con diferentes cargos da administración, a reforma realizada no centro. Tres meses despois e malia as queixas do profesorado estas instalación continúan sen wifi o que impide poder acceder a internet. Neste trimestre esa eiva foi resolta polo propio profesorados que “ten que utilizar os datos dos seus dispositivos electrónicos particulares para fornecer de internet aos portátiles e ás pantallas dixitais”.

Explican que a falta de internet e a habilitación de datos persoais para conectar os dispositivos das aulas supón, alén imaxe pésima da consellería de educación, unha perda de tempo nada desprezable. O proceso de conexión do portátil de aula ao móbil persoal pode levar 5-6 minutos.

O alumnado e profesorado ten mostrado a súa preocupación á dirección do IES Pedro Floriani que, en reiteradas ocasións e desde o mes de setembro, leva demandada a instalación de dito servizo. Unhas queixas que deixaba tamén nos nosos micrófonos un dos representantes do alumnado, Martín Puga.

Martín Puga, portavoz consello escolar do Pedro Floriani

Até o día de hoxe, non se teñen ofrecido solucións a este problema. Desde o centro e co apoio da Federación das ANPAS de Redondela reiteran á consellería a necesidade de que procure solucións para que a labor docente se poida exercer con plenas garantías.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará