Hoxe é Domingo 25 de Xaneiro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP reclama a creación de máis prazas de aparcamento en Redondela

campo-feira-1024x538

O Partido Popular de Redondela aplauden a iniciativa da Asociación de Empresarios de Redondela por impulsar vales gratuítos de estacionamento para favorecer a comodidade da súa clientela “ante a falta de prazas de aparcamento”. Con todo, entenden que este tipo de accións deberían estar organizadas dende o executivo, a quen demandan que habiliten máis espazos de aparcamiento que cubran a demanda.

 O grupo municipal do PP de Redondela vén de lamentar que o comercio local, os empresarios e a sociedade civil sexan os que lideren o artellamento de medidas propias para paliar a grave falta de aparcamentos, principalmente nos núcleos urbanos de Redondela e Chapela, ante o que cualifican de “absoluta inacción do goberno de Digna Rivas durante os últimos seis anos”. Os populares explicaron que ambas vilas están a medrar a súa actividade e a funcionar cada vez máis como un polo de atracción grazas á calidade do comercio, os negocios e a hostalería, pero malia iso o executivo bipartito non lle está a dar solucións a esta cuestión en materia de estacionamento. Neste senso, indicaron que, no caso de Redondela, dispón de dous espazos de aparcamento públicos en superficie e un subterráneo de xestión privada “pero se trata dunha oferta moi inferior á de moitas vilas de tamaño medio da nosa provincia e ademais tamén é moi cativa en comparación coa demanda de prazas”.

Ademais, o PP redondelán indicou que a destrución de prazas dos últimos anos “pola errática e contestada política de humanizacións do goberno socialista” xerou un dobre problema que causa malestar e prexuízos aos negocios, xa que provoca importantes atascos e problemas de tráfico e limita o espazo de estacionamento ao non compensarse coa creación de novas prazas.

Por todo isto, instan ao goberno local a “actuar xa, porque circular por Redondela é moi difícil e aparcar practicamente imposible, polo que deben crearse novos aparcamentos para evitar fugas de clientes a Vigo ou que a xente quede na casa e recorra ao comercio on line”, manifestou o voceiro municipal, Javier Bas.

Javier Bas, que revelou que ata se están a converter baixos comerciais en garaxes para afrontar este problema, amosou o seu apoio ás demandas dos empresarios, posto que considera que se debe refacer o mapa de tráfico “para sacar a Redondela do atasco permanente e dun caos insostible” e tamén habilitar espazos e aparcadoiros disuasorios céntricos e gratuítos para que haxa prazas suficientes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará