O programa “Redondela viaxa” arranca cunha excursión a Padrón e Santiago de Compostela con saídas os días 24, 25, e 26 de marzo. O prazo de inscrición estará aberto desde o luns día 17 ata o venres día 21 no Multiúsos da Xunqueira, en horario de 9.00 a 13.00 horas. O prezo da viaxe, na que poden participar persoas maiores de 55 anos, é de 25 euros e inclúe o desprazamentos en autobús así como o xantar.
O programa, dependente da concellería de Maiores que dirixe Iria Vilaboa, ten como obxectivo ofrecer ás persoas maiores a posibilidade de gozar de excursións dun día de duración a lugares de interese cultural, histórico e patrimonial.
O obxectivo destas saídas, que en edicións anteriores permitiron as persoas participantes coñecer destinos como Ribadavia, Allariz, Coruña ou o norte de Portugal, é que as persoas maiores poidan saír, socializar e facer actividades a un prezo accesible para todos e todas. Nos vindeiros meses realizaranse máis visitas guiadas a outras localidades.