Hoxe é Mércores 19 de Marzo de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha unidade móbil facilitará a renovación do DNI e o Pasaporte en Redondela

dni

O servizo, que comezará a funcionar no mes de marzo, estará dispoñible dous días ao mes con capacidade para realizar 40 documentos en cada xornada, e emitirá o documento identificativo en 10 minutos polo que os cidadáns poden obtelo ao momento e nunha única cita. Permitirá expedir pasaportes ademais de DNI.

Unha das novas unidades móbiles de documentación da Policía Nacional operará en Redondela a partires do próximo mes de marzo, o que suporá que os veciños e veciñas de Redondela poderán renovar o seu DNI en dez minutos e sen necesidade de desprazarse a outra localidade.

Estas novas furgonetas achegan dúas melloras importantes: a primeira é a capacidade para emitir un documento en apenas 10 minutos, polo que os cidadáns poder obtelo ao momento, nunha única cita. A segunda novidade é a posibilidade de expedir pasaportes. Este documento ata agora só podía realizarse nas Unidades de Documentación. O obxectivo é asegurar que servizos públicos tan esenciais como a expedición de documentos de identidade estean dispoñibles “para todos os veciños e veciñas, vivan onde vivan”.

O servizo prestarase con cita previa, como se viña facendo ata o de agora. Nunhas semanas, cando estean pechadas as datas, facilitaranse os días concretos e toda a información necesaria para solicitar as citas.

Digna Rivas agradece á Policía a posta en funcionamento deste novo servizo, moi demandado desde o Concello de Redondela, e que facilitará moito os trámites á cidadanía tanto do núcleo urbano como das parroquias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará