Hoxe é Mércores 19 de Marzo de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O arranxo da curva da N-552 en Trasmañó custará 2,4 millóns e comezará “cando a meteoroloxía o permita”

curva trasmañó 1

O Ministerio de transportes xa adxudicou a obra cuxo orzamento chega aos 2,4 millóns de euros. A reparación prolongarse durante varios meses e para a súa execución será necesario cortar un carril da circulación.  Hai xa catro meses que a Dirección Xeral de Estradas que procedeu á sinalización deste tramo entre o Alto da Encarnación e a rotonda de Rande, suprimindo a beiravía da marxe máis próxima á AP9 para que o tráfico evite a zona das fochancas e reducindo a velocidade a 40 km/h.

Os traballos de reparación desta estrada, moi empregada pola veciñanza que se despraza entre Redondela e Vigo, poderían comezar en breve “sempre e cando as concidións climatolóxicas o permitan”. Así o subliñou o subdelegado do goberno en Pontevedra, Abel Losada, quen explicou que nos vindeiros días procederase a pintar toda a sinalización horizontal en amarelo, xunto coas accións preparatorias. Con todo, o comezo real da obra non poderá realizarse ata que mellore a situación meteorolóxica.

A actuación contempla a reparación e consolidación do noiro así como a mellora da drenaxe e a renovación por completo do firme actualmente cheo de fochancas.

Esta mesma semana o BNG, a través da senadora nacionalista Carme da Silva, reclamaba ao Ministerio de Transportes que explicara o motivo do retraso das obras para a mellora do estado firme da N-552 na curva de Trasmañó, e que aclarase cando se ían iniciar estas actuacións que foron declaradas de emerxencia por parte da Demarcación de Estradas.

Abel Losada lamentou a actitude da oposición que, segundo dixo “tratan de conseguir réditos políticos ao esixir o inicio dunha obras que xa están planificadas” engadindo que o BNG “van por detrás dos acontecementos xa que as obras xa están adxudicadas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará