Hoxe é Mércores 19 de Marzo de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Igualdade chama á veciñanza a elixir o lema para o 8M

muller bomboneira

A cidadanía pode escoller entre 12 propostas achegadas dende os centros educativos, centros de maiores e asociacións de Redondela. A enquisa está dispoñible na web e na app do Concello e a participación está aberta ata a medianoite do vindeiro domingo.

A concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, convidou a centros educativos e colectivos a propoñer lemas para a campaña que o Concello desenvolverá de cara a  conmemora o 8M, Día da Mulles, co “obxectivo de que a sociedade en xeral sexa protagonista nesta campaña e poidan escoller o lema para este ano”.

En total son doce as propostas achegadas e entre as que poden votar as persoas que estean empadroadas en Redondela neste enlace.

Os lemas propostos son:

 CEIP Quintela: “O poder de cada muller transforma o mundo”

 CEP Santa Mariña: “Muller tiñas que ser, sempre é un cumprido”

 CEIP Alexandre Bóveda: “A igualdade non é unha bonita palabra, é unha necesidade”

 Centro Cultural Trasmañó: “Xa non sei o que é ser libre. Por fin darei un paso adiante”

 Asociación Lenda: “Nin gratis, nin invisibles”

 Asociación Cultural Chapela: “Somos o grito das que NON teñen voz”

 Centro Cultural A Miñoteira (Ventosela): “Soa, co meu esforzo, son quen de conseguilo”

 Centro de Día Os Cortizos (Redondela): “Somos a semente do cambio”

 Centro de Día Os Cortizos (Chapela): “Camiñando xuntas”

 Centro de Día Arela: “As mulleres loitadoras”

 C. A. Persoas Maiores Cesantes: “Somos grandes en Igualdade!”

 Asociación de Veciños de Chapela: “Igualdade real, non só legal”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará