Hoxe é Mércores 19 de Marzo de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior completará este ano a reforma do campo de fútbol municipal Graciano Padín

campo peche proxecto

A actuación, para a que o Goberno de Soutomaior ten previsto un investimento de  120.000 euros, contempla o arranxo do peche exterior do campo, o cambio das redes protectoras e a renovación do actual sistema de rego.

Con esta actuación subsanaranse os danos que o muro principal ten desde hai anos e dotándoo dunha estrutura integrada co resto do peche exterior. O proxecto tamén contempla o cambio das redes protectoras detrás de ambas as dúas porterías do campo e a renovación do actual sistema de rego.

Con esta actuación o Goberno de Soutomaior avanza na segunda fase do arranxo do campo Graciano Padín, despois de investir en 2024 case 60.000 euros no arranxo do acceso principal ao recinto deportivo e en varias instalacións e 20.000 euros máis para a instalación dun sistema de aerotermia nos vestiarios.

As instalación, empregadas cada semana por máis de 200 rapaces e rapazas, está a converterse nun recinto deportivo moderno logo dunhas obras de reforma que suporán un investimento total de 200.000 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará