Os nadadores Paulo Gunche, Carla Doval e Martín González do Club de Natación de Redondela destacaron no Campionato Galego Júnior de Inverno, celebrado a fin de semana pasada en Ourense, logrando excelentes marcas persoais e récords do club.
O deportista máis destacado do club nesta competición foi Paulo Gunche, quen acadou varios fitos importantes:
- Mínima para o Campionato de España e cuarto posto nos 50m costas 17-18 anos, cun tempo de 28″31, establecendo ademais un récord do club. Subcampión galego en 200m estilos 17-18 anos, cunha marca de 2’17″26, tamén novo récord do club.
- Medalla de bronce nos 100m costas 17-18 anos, cun tempo de 1’00″91, sumando outro récord do club.
Tamén destacou Martín González, quen conseguiu un novo récord do club nos 200m libres, cun tempo de 2’06″97.
