Este venres 14 e sábado 15 de febreiro, o C.C.R. Billar Chapela-Rodavigo vivirá unha xornada de máxima emoción coas competicións de billar 3 Bandas. O equipo local xogará dous enfrontamentos clave contra o Club Billaristas Errantes, que poderían definir o seu futuro nos playoffs.
O venres 14 de febreiro, xogarase a xornada nº 7 da Copa Galicia de Clubs de Billar 3 Bandas na tempada 2024/2025. O equipo C.C.R. Billar Chapela-Rodavigo enfróntase ao Club Billaristas Errantes en dous enfrontamentos que poderían decidir a clasificación para os playoffs. As partidas desenvolveranse en horario de 17:30 h e 19:30 h. O equipo local estará composto por Rogelio Forte, Javier Pérez, Fernando Dávila e Jorge Hermida.
O sábado 15 de febreiro será o turno da Liga Nacional de 2ª División de Billar 3 Bandas na súa xornada nº 6. O C.C.R. Billar Chapela-Rodavigo xogará contra o Club Billaristas Errantes, con partidas previstas para as 16:00 h e 18:00 h. Neste caso, os xogadores que representarán ao club serán Rogelio Forte, Filip Verspeel, Javier Pérez e Antonio Fuentes.
Como en anteriores ocasións, o acceso ás competicións será libre, polo que animan a todos os interesados a achegarse aos locais do Círculo Cultural Recreativo de Chapela, situados na Avda de Vigo nº 218 en Chapela.