Baixo o lema “o comercio local envolve con mimo o que ti elixes con cariño” este San Valentín a asociación de empresas de Redondela pon en marcha unha singular iniciativa para por en valor o coidado que os comerciantes poñen á hora de preparar o seu produto. Unha iniciativa que busca tamén a participación da clientela que poderán facerse cun vale de 250 euros.
A iniciativa consiste en que cada comerciante vai fotografando un paquete de regalo da Campaña de San Valentín, imaxes que logo subirá ás redes. O valer sortearase entre todas aquelas persoas que participen da campaña dándolle “me gusta” ás fotos subidas polos comerciantes. A foto que resulte gañadora determinará o local no que a persoa gañadora poderá consumir o seu vale. Ademais o perfil da persoa gañadora deberá ser seguidora da páxina da rede social da asociación na que participe e do establecemento.
As fotos publicaranse o venres 14 coincidindo coa celebración de San Valentín e computaranse todos os votos acadados ata ás 11:00h a.m. do luns 17 de febreiro para posteriormente realizar o sorteo.