Os feitos producíanse ás 12:50 horas da noite do luns na Praza de Ribadavia. Os axentes desprazáronse ao lugar tras recibir unha chamada que alertaba dunha liorta entre dous homes. O detido é un veciño de Redondela de 38 anos de idade que se enfronta a un delito de agresión á autoridade.
Os feitos acontecían a primeira hora da noite do luns cando os axentes se achegaron á coñecida como praza da Farola para intervir nunha liorta entre dous homes que discutían logo de que un deles advertira ao segundo de que tiña que retirar o vehículo do lugar no que se atopaba.
O detido decidiu subir ao vehículo e comezar a acelerar, ameazando aos axentes, e finalmente golpeando a un deles nunha perna e pasándolle por riba dun pé. O ferido foi trasladado ao centro de saúde sen que haxa que lamentar feridas importantes.
Tralo sucedido interceptouse ao agresor que foi detido e trasladado a comisaría da Policía Nacional.