Un total de 1491 persoas están inscritas nas listas do paro como demandantes de emprego, vintecinco menos que no mes anterior. Un cifra máis ou menos estable ao longo do pasado ano pero que ten experimentado nos últimos tres meses paulatinos descensos. En Soutomaior son 462 persoas as desempregadas, sete máis que no mes anterior. En Pazos de Borbén a cifra sobre ata os 177 (+5) mentres que Fornelos experimenta unha leve melloría con catro desempregados menos ata situarse nos 112.
O inicio do ano deixa malas novas para o mercado laboral vencelladas ao remate da campaña de Nadal que supón o remate de todos eses contratos vinculados ao comercio e a hostalaría. De feito, segundo os datos da Consellería desemprego a comunidade destruíu case 12.500 postos no primeiro mes do ano.
Un comportamento diferente é o que atopamos en Redondela, localidade na que se crearon vintecinco novos empregos. Habería que remontarse ao pasado mes de outubro para atopar datos negativos, xa que nos últimos tres meses os descensos foron constantes.
En Soutomaior pola contra levan seis meses encadeando cifras negativas, con incrementos continuados de novos demandantes de emprego que a día de hoxe sitúanse nas 462 persoas.
En Fornelos de Montes foron cinco as novas persoas inscritas ata un total de 177. En Fornelos de Montes hai 112 solicitantes de emprego, catro menos que no mes anterior.