O pasado 2 de febreiro, a cidade das Burgas acolleu o Campionato Galego Absoluto de Pista Cuberta, onde os atletas do Club de Atletismo de Redondela (CAR) lograron resultados destacados baixo a dirección técnica do adestrador Javi Besada.
Entre os grandes protagonistas da xornada estivo Gael Couñago Romasanta, atleta sub18, que conseguiu unha meritoria medalla de bronce na proba de Salto de Altura cunha marca de 1,91 metros (MMT). Este rexistro dálle acceso ao Campionato de España sub18, que se disputará o vindeiro mes de marzo en Valencia.
Tamén destacaron as actuacións de Nerea Lago Pires (sub23), quen competiu en tres disciplinas: Salto de Altura (1,45 m), Salto de Lonxitude (4,70 m) e Triplo Salto (10,22 m), acadando a súa mellor marca da temporada nas dúas últimas probas. Pola súa banda, Guilherme Vicente Vaz (sub23) participou en Salto de Altura (1,70 m) e Salto de Lonxitude (6,13 m), logrando a súa mellor marca da temporada nesta última disciplina.
Estes resultados reflicten o bo traballo e a progresión dos atletas do CAR, que continúan a demostrar o seu talento e compromiso en cada competición. O club segue sumando éxitos e preparando aos seus deportistas para os próximos desafíos da tempada.