Hoxe é Xoves 6 de Febreiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local quere incorporar ao PXOM “todas as alegacións posibles” antes da súa aprobación en 2026

pleno

Foto: O pleno aprobou inicialmente o PXOM en febreiro do pasado ano

O Concello xa conta cos informes emitidos polas diferentes administración e neste trimestre reuniranse coas Direccións Xerais de Urbanismo, Mobilidade e Patrimonio da Xunta de Galicia, Augas de Galicia e outros organismos como Portos e Aviación Civil. A intención do goberno local é incorporar ao PXOM “todas as alegacións que tecnicamente sexa posible”. A previsión para realizar todos os trámites e resolver as alegacións, xunto co documento de aprobación provisional do PXOM polo pleno do Concello, é o primeiro semestre do 2026.

Os trámites avanzan en torno a un documento aprobado inicialmente hai case un ano e ao que se presentaron máis de 1.300 alegacións que foron clasificadas e analizadas polo equipo redactor. A estas alturas o Concello xa conta con todos os informes dos diferentes organismos que teñen que informar o PXOM. Neste primeiro trimestre do ano celebraranse reunións con todas as administracións autonómicas e estatais que teñen valorar o planeamento (Direccións Xerais de Urbanismo, Mobilidade e Patrimonio da Xunta de Galicia, Augas de Galicia, Portos e Aviación Civil). O obxectivo destas reunións é elaborar o documento final do PXOM conforme ás propostas das diferentes administracións. “Deste xeito poderemos axustar as demandas das alegacións presentadas durante a exposición pública”, afirma a alcaldesa Digna Rivas quen insiste en que a intención do goberno local é que a Xunta de Galicia “atenda as demandas e necesidades da veciñanza”. Neste sentido adianta que na xuntanza coa Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta trasladarán “as necesidades de Redondela e a incorporación das alegacións que queremos facer ao plan” para incorporar ao PXOM “todas as alegacións que tecnicamente sexa posible”.

Unha vez celebradas todas as reunións técnicas elaborarase a proposta final do plan e a Memoria Ambiental, que debe enviarse ao servizo de Calidade Ambiental da Xunta. Este organismo terá que emitir a Declaración Ambiental Estratéxica. A previsión para realizar estes trámites e resolver as alegacións, xunto co documento de aprobación provisional do PXOM polo pleno do Concello, é o primeiro semestre do 2026.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará