A principal hipótese baralla o suicidio pero non se descartan outras posibilidades en torno a aparición do cadáver dun home de 55 anos que ardeu no interior do seu vehículo na mañá do sábado. A Policía Nacional investiga os feitos que están pendentes do que ditamine a autopsia deste veciño de Vigo que ata hai pouco residía coa súa parella na avenida de Vigo en Chapela.
Os feitos producíronse ás 8:30 horas da mañá do sábado cando se alertou da presenza dun vehículo ardendo nas proximidade da Mámoa do Rei. Ata o lugar desprazouse a brigada forestas e os bombeiros do Porriño que, durante a extinción do lume, decatáronse da presenza do cadáver no interior do coche. Ante o achádego reclamouse a presenza da Policía Local de Redondela e a Policía Nacional, quen asumiu a investigación,
O corpo estaba completamente calcinado e será a autopsia a que determine se faleceu a causa das lapas ou hai outra causa posible.
Suceso previo
O agora falecido estivo implicado noutro suceso hai dous meses, cando segundo as informacións tería prendido lume a un edificio en Vigo no que residen as súas sobriñas e que derivou no seu ingreso nun centro do que saiu o pasado luns.