Hoxe é Mércores 12 de Febreiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Novas sesións das escolas de nais e pais

escola pais

A federación de Anpas convoca dous novos talleres educativos, un orientado a proxenitores con fillos e fillas en infantil-primaria e outro para Secundaria. Estas actividades buscan ofrecer ferramentas prácticas para afrontar os retos da crianza nas distintas etapas de desenvolvemento.

O IES Mendiño acolle o taller “Autoridade e límites”, especialmente deseñado para familias con fillos e fillas en idade adolescente. Desenvolverase este luns día 20 en horario de 18:00 a 20:00 horas.

Pola súa banda, este xoves 23 de xaneiro, de 17:30 a 19:30, terá lugar no CEIP Laredo o taller titulado “Pensando a función de ser nai/pai en profundidade”, dirixido ás familias de infantil e primaria. Neste caso contarase cun servizo de coidado infantil gratuíto para facilitar a participación.

Estas iniciativas permiten ás familias reflexionar, adquirir habilidades e compartir experiencias nun espazo seguro e colaborativo. As persoas interesadas poden inscribirse a través dos formularios dispoñibles en liña.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará