Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castelo de Soutomaior busca ser un foco de atracción para o turismo de calidade e desestacionalizado

castelo souto

A estratexia da Deputación para converter tanto estas fortaleza como a de Sobroso en “bastións” do modelo de turismo de calidade e desestacionalizado que ofrece as Rías Baixas contempla oito liñas de actuación con propostas pensadas para un público familiar como rutas de sendeirismo e BTT, concursos de fotografía, sesións de ioga, obradoiros artísticos, actividades temáticas ou visitas guiadas

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado pola deputada de Turismo, Nava Castro, deu a coñecer as liñas mestras dun plan de divulgación destes dous Castelos da provincia estruturado en oito liñas de actuación, cun horizonte de catro anos e un investimento próximo ao millón de euros.

Trátase dunha ferramenta de planificación que inclúe accións concretadas e calendarizadas pensadas principalmente para un público familiar. As iniciativas plantexadas diríxense a un perfil de visitante nacional, fundamentalmente galego, de 31 a 64 anos de idade con inquedanzas culturais e de ocio. Con esta premisa, a campaña persegue ampliar o coñecemento dos bens destes castelos como son os seus xardíns ou os seus viñedos e explorar as posibilidades de potenciar a súa presenza en medios de comunicación e redes sociais e abrilo a un turismo deportivo, cultural, de congresos ou de ocio. “Queremos convertelos en bastións do turismo de calidade das Rías Baixas”, resumiu López. Para conseguir o obxectivo, o plan está estruturado en oito liñas de actuación que abren a posibilidade de ofertar actividades como: roteiros de BTT ou sendeirismo, sesións de ioga, visitas escolares, presentacións a colectivos, scaperooms, obradoiros de poesía e pintura ao aire libre ou concursos de fotografía, entre outras moitas propostas.

O lema da campaña é ‘temos un plan para os castelos, só faltas ti” e busca incrementar tamén o número de visitantes que no ano 2023 xa foi histórico no Castelo de Soutomaior con case 39.000 visitas e que neste mes de agosto bateu o récord absoluto de asistencia. Ademais, a Deputación obtivo 2,5 millóns de euros de fondos europeos para renovar a iluminación e promove eventos de gran demanda como o samaín ou as catas de viño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará