Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A conmemoración do 25N en Soutomaior pon o foco na violencia contra as mulleres maiores

25N (2)

Foto: Presentación da campaña do 25N en Alxán

“Non nos deamos por feito” é o lema da campaña do concello de Soutomaior co gallo do Día Internacional contra a Violencia de xénero. Unha campaña centrada na violencia exercida contra as mulleres maiores de 65 anos “as que menos empregan os servizos de axuda” porque moitas veces malia seren vítimas da violencia de xénero non son conscientes da súa situación.

O CIM (Centro de Información da Muller) de Soutomaior constata que as mulleres de máis de 65 anos “denuncian e utilizan os servizos de axuda moitos menos co resto da cidadanía, debido a unha serie de motivos como a longa duración da violencia, o illamento, o medo, as crenzas, a dependencia económica e a longa duración de convivencia co agresor”.

Co obxecto de poñer o foco nesa realidade a campaña para este 25N baixo o lema “Nos nos deamos por feito” vai estar centrada nese sector da sociedade co obxecto de dar voz e escoitar as demandas destas mulleres “promover espazos de seguridade para dar respostas as súas necesidades, visibilizar saídas e desfacer obstáculos sociais como a vergoña social”.

Por estes motivos decidiron presentar a campaña directamente nas asociacións de mulleres do municipio en Alxan, Pozovello, Moreira, Romariz, Oito de Decembro, Mulleres rurais Anduriña e o centro da terceira idade do.

Ademais de presentar esta campaña e achegar información a estas asociacións dende o goberno local convidan a todo o mundo a asistir á concentración en repulsa ás violencias machistas e posterior lectura do manifesto institucional por parte do concello de Soutomaior o domingo 24 de novembro. Unha xornada que contará tamén cun concerto-performan o propio día 24 ás 13:00 horas na Alameda de Talo Río.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará