Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mirian Sánchez: “A exposición pretende desfacer prexuízos sobre as persoas sen fogar e invita á reflexión”

IMG20241111120706

Co motivo do Día Europeo das Persoas Sen Fogar a equipa de Inclusión Social da Fundación da Santa Cruz ten aberta no Multiusos de Redondela a mostra “A casa que Quero”, co obxecto de poñer o foco na realidade das persoas sen fogar e que sirva de inspiración para cambiar a percepción que temos, así como a de fomentar a inclusión social. Un total de 100 casiñas elaborada con papel maché que se poden ver na sala de exposicións do multiúsos ata o día 17 de novembro.

A Fundación da Santa Cruz é unha entidade social situada no barrio vigués de Teis, comprometida coa protección e apoio das persoas que viven en situación de exclusión social, así como coa promoción da súa integración social e independencia persoal. Mirian Sánchez (Chapela)  é traballadora social na Fundación e explica que “co tempo os perfís das persoas que solicitan axuda van cambiando e nestes momentos non é necesario ter unha situación extrema para acudir aquí, senón que calquera pode chegar a ser usuario”.

“Nestes momentos calquera pode ser unha persoa sen fogar”, Mirian Sánchez.

O traballo de Sánchez está enfocado á inclusión social, dar visibilidade as distintas realidades e promover a participación comunitaria. Por este motivo, entende que iniciativas como a exposición  A casa que Quero “son de gran importancia e axudan a conectar o tecido social”. Nesta mostra participan Lenda, Cogami, a área de psiquiatría o Cunqueiro e o Centro de Día Atalaia, o  alumnado do ciclo de Integración social do Colexio Plurilingüe San José de la Guía e o Concello ao que agradecen a súa colaboración. “Fai catro anos que colaboramos co Concello de Redondela e sempre aportan todo o que precisamos”, engade a traballadora social.

Esta exhibición de arte colaborativa reúne 100 casas de papel maché, realizadas por residentes da fundación e participantes das entidades sociais mencionadas, co propósito de visibilizar a realidade das persoas en situación de exclusión social e sen fogar. Cada casa decorada e colorida representa non só un espazo físico, senón tamén emocións e valores esenciais como a seguridade, o amor, a pertenza e a esperanza. Os participantes, entre os que se inclúen persoas sen fogar, plasmaron en cada creación as súas visións e anhelos dun fogar ideal, convertendo esta mostra nun potente medio de inclusión e visibilidade social. Mirian Sánchez explica que “a vivenda é un dereito universal e queremos animar á xente a un futuro de cambio, porque moitas veces temos unha idea errónea das persoas sen fogar e xéranse prexuízos. A situación de rúa non define ás persoas, que teñen historias, soños e capacidades como calquera outra”.

“A intención tamén é darlle un enfoque positivo e esperanzador”, Mirian Sánchez.

Na inauguración, celebrada o 11 de novembro, estiveron presentes a alcaldesa Digna Rivas, a Concelleira de Servizos sociais e os distintos representantes das entidades colaboradoras como Lenda ou Cogami. Alí, Santiago leu o manifesto do Día Europeo das Persoas Sen Fogar como membro residente do albergue da Fundación e quixo mostrar a reivindicación coa súa propia voz. Un momento emotivo e esperanzador co que puidemos achegarnos de primeira man á realidade que se mostra na exposición.

A través das obras, búscase xerar empatía e comprensión sobre as dificultades que estas persoas enfrontan na súa vida cotiá. A exposición estará aberta ao público no Multiusos de Redondela  ata o 17 de novembro e invitan á veciñanza a achegarse e reflexionar sobre a realidade social.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará