Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Magosto da Sinha Paca regresa ao centro da vila

magostosinhapaca

O recinto das antigas casa dos mestres de Santa Mariña acolle este sábado a VI edición dun magosto no que ademais do reparto de castañas entre os asistentes non faltará a música a cargo dos grupos grupos CantaTorrella, Folklore Moderno, El Nani, e Dj Öne. Leo de Matamá será o encargado da lectura do pregón e non faltarán as iniciativas reivindicativas e solidarias.

O Colectivo Sinha Paca en colaboración co Concello de Redondela organiza este sábado a partir das 17:00 horas a VI edición dun magosto que logo de rotar por distintas parroquias – Ventosela, Quintela e O Viso – regresa ao centro da vila.

Unha cita para grandes e cativos onde haberá reparto de castañas asadas de balde entre os asistentes, espazo de xogos de mesa deseñados e creados por Brazolinda así como un obradoiro de boliños preñados para os asistentes que queiran aprender e participar. Opcións tamén de adquirir algún produto no mercadiños e na propia cantina, con chouripáns e menús veganos.

Unha cita tamén con carácter reivindicativo e solidario. Así, o Colectivo de Redondela por Palestina fará unha doazón co recadado na cantina para as persoas detidas e multadas logo da manifestación en solidariedade co Pobo Palestino realizada en Compostela. Outras iniciativas como o posto de comida vegana, recadara para os animais afectados na DINA no Levante. A rapazada dos institutos montarán os seus postos de rosquillas e artesanías variadas e participarán tamén no mercadiño o proxecto educativo Semente Vigo co seu propio posto así como outras propostas de doces, artesanía Local e instrumentos artesanais.

O pregón correrá a cargo de Leo de Matamá e a festa rematará con música en directo a cargo dos grupos CantaTorrella, Folklore Moderno, El Nani, e Dj Öne.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará