Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Empate do Choco na casa contra o Cambados

WhatsApp Image 2024-11-11 at 18.31.37

O CD Choco suma un punto na casa, mentres que o resto de equipos locais nas diferentes ligas tiveron resultados dispares.

Destaca a vitoria do CD Cesantes na casa contra o Barro CF e a vitoria do CD Arcade na súa visita ao Vilaboa que os mantén na parte alta da táboa. Non tiveron tanta sorte o CD Soutomaior que perdía ante o Cordeiro CF,  o Atlético de Villar que caía derrotado ante o Caselas e o Chapela CF que empataba con A Guía.

Preferente, grupo 2

C.D. CHOCO – JUV. CAMBADOS  (1-1)

O Choco empata na casa nun partido intenso e con moitas oportunidades frustradas de gol.  Ao comezo do partido e pasados só tres minutos dende o asubío do árbitro un balón longo dos locais terminaba co porteiro do Mocidade de Cambados, Adrián, derrubando a Lucas. O colexiado  sinalou o punto de penalti e Marcos Torres conseguiría o gol do partido.

O Choco parecía ter controlado o partido e chegaron case ao descanso mantendo o marcador 1-0 con moi boa defensa, ata que no minuto 30’ o rival conseguía marcar o gol do empate, cun disparo cruzado desde o bordo da área.

Na segunda metade os choqueiros fixéronse co dominio do seu campo e achegábanse ameazantes á área dos de Campados, sen lograr materializar as súas ocasións. Cabe sinalar que a un cuarto de hora do final entraron na portaría rival, pero o colexiado decidiu anular o tanto de Marcos Torres por un fóra de xogo moi protestado polos nosos.

Nestes momentos sitúanse de décimo cuartos na táboa xeral, polo que terán que loitar nas sete xornadas que quedan na primeira metade da tempada para achegarse aos postos altos da táboa. O próximo domingo visitan o Umia CF, equipo dous postos por debaixo dos de Félix Rial e unha boa oportunidade de seguir sumando.

Goleador: Marcos (3’).

Primeira Futgal,  grupo 5

C.D. SOUTOMAIOR – CORDEIRO C.F.   (2-5)

O CD Soutomaior tamén perdía na casa contra o Cordeiro CF cun resultado de dous fronte a cinco. Baixan un escalafón e sitúanse de decimo quintos na táboa xeral. A próxima xornada vistan ao Campo Lameiro CD.

Goleadores: Eduardo (38’) e Joso Carlos (85’).

UDC VILABOA  – CD ARCADE (0-2)

O Arcade está facendo moi boa tempada e sitúanse de terceiros na clasificación xeral con 19 puntos e seis vitorias, dúas delas consecutivas. Venceron ao Vilaboa cun resultado de cero fronte a dous na súa visita ao Campo Municipal O Cabalo. Alí mantiveron un intenso enfrontamento que non se materializaría en gol ata o minuto 87’ e a pesar da prórroga de 4 minutos , mantiveron o ritmo e conseguiron selar con dous goles.

A próxima xornada reciben ao SDC San Adrián, equipo situado na parte abixa da táboa e unha boa oportunidade de sumar outra vitoria na casa.

Goleadores: Carlos (87’) e Fernando (90+4’).

Segunda Galicia, Vigo

CASELAS F.C. – C.D. ATLETICO VILLAR (2-1)

O Atlético de Villar mantense na metade da táboa na súa estrea en Segunda, demostrando a súa valía na categoría. Despois da derrota deste domingo contra o Caselas  suman 10 puntos e a próxima xornada reciben ao Oiense C.F.

Goleador: Pablo (21’).

Terceira futgal, Pontevedra, grupo 1  

C.D. CESANTES – BARRO C.F.  (5-1)

Vitoria ampla do Cesantes na casa contra o Barro, cun resultado de cinco fronte a un. Os de Raky   Sitúanse de quintos na clasificación xeral, unha zona na que teñen como obxectivo manterse e así poder chegar á fase de ascenso. A un minuto de comezar o partido marcaban o primeiro gol que foi seguido de outros dous en 15 minutos. O rival meteuse na portaría dos locais no minuto 75, nun momento de relaxación no que xa tiñan o partido gañado.

A incorporación do novo adestrador, parece que está dando os seus froitos e continúan a senda da vitoria con tres partidos e un empate consecutivos a oito xornadas de rematar a primeira metade da tempada.

O próximo domingo visitan ao C.E.D. Cotobade , rival directo a un punto dos de Cesantes e situados na cuarta posición.

Goleadores: Aleixo (1’),  Roi (13’), Rubén (18’), David (62’) e Diego (75’).

Terceira Galicia, Vigo 1

CHAPELA C.F. –  C.D. LA GUIA  (3-3)

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará