Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Educar na adolescencia, un taller orientado a pais e nais aborda os retos desta complicada etapa

obradoiro

A Federación de Anpas de Redondela inicia este mércores 13 ás 18:00 horas unha actividade aberta a todas as familias con fillos e fillas preadolescentes ou adolescentes. Un taller non que se falará das dúbidas, problemáticas e incertezas que teñen pais e nais cando os seus fillos entran nesta etapa da vida. A actividades forma parte dun programa de obradoiros que inclúen un total de 8 sesións: as catro primeiras no IES Mendiño e as catro últimas no IES Floriani. Inscrición neste enlace.

Arranca a segunda edicións dos obradoiros corresponsables, que teñen como obxectivo dotar e apoiar ás familias na crianza dos seus fillos e fillas centrándose neste caso na puberdade e adolescencia, etapas vitais cheas de cambios e vivencias, pero que acostuman a estar tamén acompañadas de rebeldía e discusións.

Nestes obradoiros explícanse os cambios propios destas idades e como acompañalos, como afrontar os distanciamentos que se producen e como establecer límites dende unha perspectiva de axuda e acompañamento concientes das dificultades neste etapa para xestionar límites e normas e que algunhas situación cotiás vívense con moito estrés e incerteza.

“Descubrimos unha serie de incomodidades que se expresan en frases  como: “Ás veces está insoportable”, “Parece que todo o que lle digo lle molesta”, “Teño unha filla adolescente, e téñoo que soportar”, “Necesito solucionar o malestar familiar, cada día é unha batalla campal”… Estas incomodidades non se cuestionan, senón que se naturalizan, pechando toda posibilidade de cambio” explican dende a Federación.

A entidade encargada de levar a cabo esta iniciativa pioneira nos centros de secundaria e bacharelato de Redondela é o Centro de Desenvolvemento da Saúde Comunitaria “Marie Langer”, especializado en intervención comunitaria, coa metodoloxía ProCC. Este enfoque céntrase na vida cotiá como un lugar privilexiado para comprender como se relacionan, se vinculan e conviven os integrantes de cada familia dende unha perspectiva de corresponsabilidade.

O programa complétase con intervencións nas aulas, nas que os adolescentes poden aprender a xestionar de xeito máis satisfactorio moitas das situacións cotiás ás que se enfrontan no seu proceso evolutivo, así como a verbalizar como se senten nesta etapa vital.

A Federación de ANPAS de Redondela impulsa estes obradoiros corresponsables, dentro do programa SI436C (Programa do Plan Corresponsables a desenvolver polas ANPAS), que conta co financiamento da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade e desenvolvemento do Plan Corresponsables.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará