Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitorias do Redondela e o Pazos no fútbol sala local

Foto portada (Post de Facebook)

Novo triunfo do primeiro equipo do Pazós de Borbén FS (Terceira División Nacional) que suma tres vitorias consecutivas despois de vencer ao Leis Pontevedra, desta forma colócanse de terceiros na táboa xeral. Mesma posición, pero en distinta liga, ten o Redondela FS (Preferente) que se sitúan tamén de terceiros despois da vitoria contra o Valladares.

Terceira División Nacional

S.D. PAZOS DE BORBEN FS – STELLAE LEIS PONTEVEDRA (5-3)

Novo triunfo do primeiro equipo do Pazós de Borbén FS. Os de Matilla levan tres vitorias consecutivas tras  vencer a unha nova filial do Stellae Leis Pontevedra, que deixou moi boa imaxe na súa visita ao Pavillón Municipal de Pazos, cun resultado de cinco fronte a tres.

Dominaron o partido dende o comezo conseguindo marcar dous goles en dez minutos, pero a resposta do rival foi forte quen comezou a marcar no minuto 15’ e deulles guerra ata a segunda metade do partido. Chegaron ao descanso cun 4-3 no marcador, pero á volta ao campo Luis marcaba outro gol de vantaxe no minuto 39’. Despois, unha boa defensa os levou a vitoria definitiva.

Nestes momentos colócanse de terceiros tras nove xornadas disputadas. A próxima xornada visitan ao Miño Rábade F.S. .

Goleadores: Eloy (2’ e 17’) , Diego (10’) , Luis (25’ e 39’).

Preferente Futgal, 2

CVC VALLADARES– REDONDELA FS (2-4)

Vitoria do Redondela FS na súa visita ao Valladares. O partido foi un tira e afrouxa no que comezaron marcando os de Santiago Sobrino para despois empatar os locais. Así ate o descanso e unha vez comezada a segunda metade Óscar e Raúl foron os encargados de meter os dous goles de vantaxe e vitoria para o Redondela que venceron no minuto 39′.

Nestes momentos atópase de terceiro na táboa xeral e empatado a puhntos co Beade e o Valladares polos dous primeiros postos, a única diferenza e o número de goles polo que están moi ben sitúados.

Goleadores: Iker (16’), Ramón (19’), Óscar (35’), Raúl (39’).

AREALONGA FS – RESERPON POIO PESCAMAR FS (2-3)

O Arealonga FS tampouco tivo sorte esta última xornada, perdían na casa ante o Poio cun resultado de dous fronte a tres. Desta forma continúan de segundos pola cola na táboa seral.

F.S. AS NEVES – CAMPITO CHAPELA FS (7-6)

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará