Hoxe é Xoves 7 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Alameda e o paseo do Maceiras blíndanse coa chegada de Kirk

alameda

Foto: Fon Decón

Os coletazos do furacán tropical descargaron nas últimas horas precipitacións intensas que provocaron anegamentos nalgunhas zonas do concello. Con todo, foron os fortes refachos de vento os que provocaron as incidencias máis salientables, con árbores caídos e colectores movidos que obrigaron a intervir aos servizos de emerxencias. O peor estamos a vivilo a estas horas, xa que os efectos da borrasca irán a menos a partir do mediodía.

Para previr calquera suceso de maior gravidade dende o Concello de Redondela decidiron onte incrementar as medidas de precaución, neste sentido procederon a pechar o paseo do maceira – que adoita anegarse cando hai fortes precipitacións e se producen crecidas do río- así como a Alameda Castelao, ante a eventual caída dalgunha pola por efecto do vento.

Dende a Policía Local apuntan que nas últimas horas foron moitas as chamadas recibidas por parte da veciñanza, alertando principalmente da caída de árbores e contedores que o vento arrastrara, situación ambas que provocaban perigo nas estradas polo que foi preciso actuar en diferentes puntos.

Os efectos do ciclón Kirk, que chegou a Galicia convertido nunha forte borrasca. Seguirán sentíndose durante a xornada de hoxe. As previsión falan de precipitacións acumuladas de ata 30 litros pro metros cadrado.

Ante esta situación a Xunta activou tamén o plan de seguimento sobre o nivel dos ríos debido a posibles desbordamentos puntuais nos seus cursos, mentres que Meteogalicia decretou alerta vermella no mar por ventos do sur de forza 10 durante esta madrugadas e as primeiras horas do día.

Peche Castelo de Soutomaior

A Deputación de Pontevedra pechou durante a xornada de hoxe os castelos de Soutomaior e Sobroso pola alerta laranxa derivada da situación meteorol´xoicas, Así, as fortalezas permanecerán pechadas durante toda a xornada por precaución e para minizar riscos. O temor principal sería o desprendemento dalgunha pola ou árbores nunhas instlación que contan cun numerosos árbores de grandes dimensións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará