Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carlos Blanco abre a VII edición do ciclo Humor na súa tinta

Carlos-Blanco-1

O ciclo contará coa presenza de cinco humoristas que se subirán ao escenario do Multiúsos nos vindeiros meses. Bianca Kovacs, Celeste Serine, Miguel Miguel e Luis Álvaro completan un cartel que o vindeiro 5 de outubro inaugura Carlos Blanco con dúas funcións do seu espectáculo “Ao vivo”, ás 19:00 e 21:00 horas a un prezo de 14,30 euros na web de taquilla.com.

Un ciclo organizado pola produtora Pares e Nones en colaboración co Concello que achega a Redondela a diferentes monologuistas, entre eles un dos grandes referentes do humor en Galicia como é Carlos Blanco. O actor e humoristas que xa colgou o cartel de entradas esgotadas na función das nove da noite, presentará o espectáculo “Ao vivo” revisando algúns dos seus máis coñecidos monólogos para ofrecer 60 minutos de risas garantidas.

A seguinte cita será xa en novembro cunha “rumana moi legal” Bianca Kovacs. Facendo referencia ao seu país de orixe, a actriz, humorista e monologuista afincada en España busca rirse de todos os prexuizos nun espectáculo que terá lugar o nove de novembro.

En meses posteriores pasarán polo auditorio do Multiúsos “El tango de Marilyn” de Celeste Serine (14 de decembro), “Acojonado” de Miguel Miguel (18 de xaneiro) e pechará o ciclo Luis Álvaro con “El espectáculo” o día 8 de febreiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará