Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

18 persoas traballan na recollida da uva nos viñedos do Castelo de Soutomaior

vemdima

A Deputación comezou esta fin de semana a vendima nas catro hectáreas de viñedo situadas na finca do Castelo de Soutomaior, coa previsión de recoller arredor de 12.000 quilos. A encargada da colleita e da explotación da uva albariña e doutras variedades brancas é a adega A Quinta das Eiras, logo de ter gañado a poxa pública cunha oferta de 1,47 euros por quilo de uva albariña recollida e 1,05 € para as outras variedades.

Ata 18 persoas están a traballar no Castelo, coa previsión de rematar este mércores 18 de setembro, para facerse cargo tanto da vendima como do traslado posterior. O ano pasado colleitáronse preto de 17.000 quilos entre uva albariña e outras variedades brancas, unha cifra superior á de este ano, xa que na campaña actual naceron moitos menos acios e na floración choveu moito, o que afectou negativamente ao callado dos botóns florais.

Os viñedos do Castelo de Soutomaior, que se estenden en 4 hectáreas (o recinto ten unha extensión de 23) foron plantados en 1984. A explotación distribúese nunha parte con terreos tipo castel e en terrazas, e outra sobre terreos húmidos, fértiles e con cuberta vexetal suficiente, o que fai que as producións non sexan moi altas. A uva é autóctona, na súa maioría albariño, habendo outras variedades brancas como o godello, torrontés, loureiro e treixadura.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará