Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O redondelán Alex Gourdon, campión de España en Supermotard

5c9b9696-9065-4f98-970f-bd84bcd3b5cd

O piloto veciño de Redondela fíxose co título na última proba de motociclismo celebrada na localidade Alacantina de Villena. Este título chega tan só semanas despois de que o pasado mes de xuño se proclamase subcampíon de Europa no circuíto celebrado na cidade italiana de Busca.

Alex Gourdon participaba por primeira vez no campionato de España logrando un triunfo indiscutible ao converterse no primeiro piloto redondelán e galego en facerse con este recoñecemento.

A terceira praza tamén foi para outro veciño de Redondela, o seu irmá Théo Gourdon Rafael, quen tras liderar todo o inicio do campionato non puido facerse co título ao non participar na penúltima proba por enfermidade.

Dous éxitos persoais e de equipo, xa que ambos pilotos forman parte do Team GR Husqvarna, no que os dous pilotos redondelás están rodeados dun gran equipo de profesionais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará