Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Anpas esixen ao Concello que garanta o transporte a todo o alumnado de secundaria

bus escolar

O goberno local asegura que leva meses buscando unha solución ao problema e, malia non concretar que medidas concretas se van poñer en marcha aseguran que “non van deixar sen transporte ao alumnado de bacharelato, malia que a competencia en mobilidade sexa da Xunta de Galicia”.

A tan só dous días de que arranque o curso escolar o vindeiro 11 de setembro, as Anpas de Redondela demandan ao Concello que cumpra co compromiso de garantir transporte a todos os alumnos de Secundaria e instan á empresa de Transporte e á Xunta a colaborar para achegar unha solución axeitada.

Lembran dende as Asociacións de pais e nais que os alumnos de secundaria non obrigatoria e infantil non dispoñen de transporte escolar pero tampouco dispoñen de transporte público que lles garanta que poidan desprazarse aos seus respectivos centros educativos, polo que solicitan unha solución antes do inicio de curso para resolver este grave problema.

Lembran ademais que neste último ano a corporación municipal aprobou dúas mocións que ratificaban a necesidade de dar solución a esta problemática, mocións que foron aprobadas co apoio da maioría dos grupos políticos polo que instan ao goberno que cumpra eses compromisos de cara a este mesmo mércores.

Tamén solicitan a empresa de transporte que presta o servizo aos centros escolares de Redondela colaboración para resolver a problemática acorde aos contratos de transporte escolar e transporte público cos que da servizo nos diferentes centros escolares do municipio así como cooperación na ampliación das rutas existentes ou creación de novas rutas.

As Anpas non esquecen que tamén “é vital a implicación da consellería de presidencia da xunta de Galicia, da cal depende a mobilidade (transporte). Tal e como se lle trasladou por escrito, precisamos unha implicación real da Xunta neste problema histórico de Redondela para buscar a solución axeitada e sustentable para o transporte dos nosos escolares, ao tempo que as solucións que se adoiten poidan axudar tamén a paliar o grande problema de mobilidade xeral do concello”. 

Compromiso do Concello

Dende o Goberno municipal aseguran levar meses traballando para dar unha solución a esta problemática e lamentan as críticas das Anpas “que en todo momento estiveron informados das negociacións do goberno local de cara a resolver esta deficiencia”.

A alcaldesa, Digna Rivas, asegura que “o goberno municipal non vai deixar sen transporte ao alumnado de bacharelato” e lembra que no último mes reuníronse coa Xunta de Galicia en tres ocasións para tratar de darlle unha solución ao tema do transporte escolar e que agora “tócalle a Xunta de Galicia poñer unha solución enriba da mesa”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará