Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP critica o cambio de nome da rúa Alfonso XII

alfonso XII

O voceiro popular, Javier Bas, acusa á alcaldesa de “facer oídos xordos ante o clamor social para o mantemento do nome da rúa” logo de que o pleno aprobase cos votos a favor de PSOE, AER e BNG o inicio do proceso para o seu cambio. Anuncian que seguirán loitando para que se “respecte a vontade dos redondeláns” mentres o goberno local anuncia que iniciará unha enquisa na web municipal na que se ofertará a denominación de rúa da Fraternidade ou calquera outra que propoñan os usuarios.

Os populares resaltan que na votación celebrada no pleno do pasado xoves en torno á moción presentada pro vinte colectivos e que promovía a retirada do rueiro de Redondela o nome de Alfonso XII,  houbo un empate a dez votos e que a decisión final foi tomada polo sufraxio de calidade da rexedora, á que acusan de “minusvalorar o máis de milleiro de sinaturas dos veciños” que se manifestaron en contra do cambio de nome.

Javier Bas entende que este proposta está “completamente fóra de lugar e moi afastada do sentir social da vila”, e acusa a alcaldesa de dirixir o seu goberno “completamente de costas aos veciños e aos seus intereses e sensibilidades, xa que despreza as sinaturas que veñen de presentar os cidadáns fronte ao respaldo, nalgúns casos interesado, de vinte directivos de asociación malia que moitos dos seus asociados non saben nada, posto que esta cuestión non se abordou nas súas respectivas asembleas”.

En calquera caso, desde o PP local tamén anunciaron que seguirán loitando, con todas as ferramentas administrativas, para que se manteña a actual denominación de rúa Alfonso XII co obxectivo de respectar a vontade da inmensa maioría dos veciños desta zona e dos redondeláns, que se senten moi cómodos e identificados cun nome que é dos máis antigos do rueiro da vila.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará