Hoxe é Domingo 14 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lara Naya (Andaina): “O uso da dobre linguaxe nos pictogramas é necesaria”

pictogramas andaina

O proxecto data do ano 2022

Para a asociación Andaina, promotora da colocación de pictogramas no concello e noutros edificios municipais, a polémica xurdida en torno ao uso de galego e castelán nestas sinalización “é froito da ignorancia do que é a discapacidade e os programas alternativos de comunicación”. Descarta que esta sinalización vaia modificarse malia a denuncia de Alén Nós e a súa aprobación no pleno “porque a propia normativa municipal do uso do galego recolle a posibilidade de empregar a dobre linguaxe en casos excepcionais”.

O concello de Redondela puxo en marcha hai dous anos, a instancias da Asociación Andaina, un proxecto de accesibilidade cognitiva mediante o uso de pictogramas que buscan facilitar a comunicación a persoas con dificultades na fala ou con diferentes discapacidades que lles permitan acceder aos diferentes servizos municipais.

Lara Naya, Andaina

A iniciativa está a ser motivo de polémica logo de que a Asociación Cultural Alén Nós solicitase a substitución do actuais pictogramas por outros que inclúan o texto unicamente en galego e a proposta fose aprobada no Pleno cos votos a favor de PP e AER e o rexeitamento de PSOE e BNG.

En Andaina amosan a súa sorpresa pola controversia dun proxecto que insisten “só busca facilitar a comunicación das persoas con discapacidade” e insisten en que a dobre linguaxe é necesaria porque os seus fillos e fillas empregan material e diferentes recursos que adoitan estar en castelán “a maior parte de libros e material adaptado está nese idioma”.

Explican tamén que os pictogramas son estándars onde se recolle un debuxo e unha nomenclatura “porque algúns usuarios son pensadores visuais, por iso tentamos facer estes pictogramas o máis completo posible, con debuxo e texto en galego pero complementado con texto en castelán que é o idioma que maioritariamente usan os nosos usuarios”.

Unha polémica que entenden é produto “da ignorancia do que é a discapacidade e os programas alternativos de comunicación”. Insisten en que innumerables informes avalan esta dobre linguaxe e subliñan que a normativa municipal xa recolle no artigo 12 “a excepcionalidade en determinadas situación doutras linguaxes ademais do galego”. Confian en que o tema non chegue aos tribunais pero descartan en todo caso que lles dean a razón aos denunciantes porque “estamos avalados por diferetnes informes”.

Lembran que a accesibilidade cognitiva xa é lei e está recollida dentro da convención de dereitos de persoas con diversidade funcional a que España se adheriu xa fai máis de 10 años “malia o seu obrigado cumprimento segue sen cumprirse”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará