Hoxe é Luns 22 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ferido un motorista nunha colisión na Avenida Mendiño

motorista venres

Foto: Policía Local Redondela

O ferido é un home de 48 anos de idade veciño de Mos que na tarde do venres colidía, por causas que se están a investigar contra un turismo conducido por un veciño de Redondela de 88 anos de idade.

Axentes da Policía Local de Redondela interviñan na tarde do venres, ao redor as 18:50 horas, nun accidente que se producía na Avenida Mendiño, nas inmediacións do bar Rivas. Concretamente os involucrados na  colisión foron un turismo que procedía da N-550 e se dirixía cara o centro da vila e unha motocicleta que circulaba pola Avenida Mendiño, tamén no mesmo sentido. Como consecuencia da colisión resultou ferido leve o condutor da moto que foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario para a súa mellor valoración.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará