Hoxe é Martes 22 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O balonmán veterano reúnese esta fin de semana en Redondela nun torneo solidario

as sarillas

Foto: Patri Rivas

O torneo As Sarillas celebra este sábado a súa segunda edición con partidos nas categorías masculina e feminina que se van disputar no pavillóns da bomboneira e Marisma dende as 9:45 ata as oito da tarde. Unha cita solidaria a favor da asociación Andaina na que se estima que participarán ao redor de 150 xogadores e xogadoras quen amosarán que para o deporte non hai idade.

Un torneo no que hai equipos de Asturias, Galicia e Portugal que pelexarán por facerse coa vitoria nunha intensa xornada de balonmán.

Unha segunda edición que presenta como principal novidade a categoría masculina, xa que o ano pasado tan só existía o equipo de veteranas e non sería ata hai catro meses cando os homes deron un paso adiante da cara a conformar tamén un equipo desta categoría.

Logo de semanas de traballo “de ir pedindo por todo os comercios aos que lles estamos inmensamente agradecidas pola súa xenerosidade”, Nuria Moscoso das Sarillas confía en que a de mañá sexa unha xornada de  convivencia, deporte e diversión.

Lembra tamén que o esforzo económico realizado para organizar un torneo destas características “que tampouco sería posible sen a colaboración do Concello” e salienta a repercusión na vila “moitos dos equipos que veñan acaban facendo noite en Redondela e tirando da hostalaría”.

Non quere esquecer o carácter solidario da cita, xa que o recadado será entregado a Asociación Andaina, que recibirán os cartos que se obteñan coa venda das rifas “confiamos en superar os 1200 euros que recadamos o ano pasado”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará