Hoxe é Luns 22 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Multiúsos da Xunqueira acolle a proxección da película “As bestas”

asbestas

Enmarcada dentro do ciclo de cine galego que organiza o Servizo de Normalización Lingüística de Redondela, este sábado 15 de xuño proxectarase o título “As bestas”, un filme polémico sobre unha historia real acontecida no rural. A entrada ten un prezo de 2 euros.
Logo da proxección de o Corno e Sica, chega “As bestas”, cinta de Rodrigo Sorogoyen na que se relata a historia de Antoine e Olga, unha parella francesa que se instalada nunha aldea do interior de Galicia. Alí levan unha vida tranquila malia que a súa convivencia cos veciños da zona non é tan idílica como desexarían. Un conflito cos irmáns Anta fará que a tensión medre na aldea ata acadar un punto de non retorno.
Unha longametraxe multipremiada que se fixo entre outros con 9 premio Goya, incluídos os de mellor película, mellor dirección, mellor guión e mellor actor e que se poderá ver este sábado 15
ás 20.30 horas.


O ciclo pecharase co documental “Os días afogados”, de César Souto Vilanova e Luís Avilés o día 22 de xuño ás 20.30 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará