Hoxe é Martes 22 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CR de Cesantes presenta aos equipos sénior masculino e feminino da tempada

348298425_641290424171969_8191569779032918337_n

A familia do CR de Cesantes estará presente o venres 14 de xuño ás 20:00 horas da tarde no Pavillón A Marisma, para dar a coñecer os equipos sénior masculino e feminino que participarán nas distintas ligas galegas desta tempada. A presentación correrá a cargo do xornalista deportivo de Radio Marca Vigo, Jose Riveiro.

Cesantes-Amegrove-Cefycal, a embarcación absoluta feminina de Cesantes,  estreouse o ano pasado e fixo historia como a primeira traiñeira feminina do club. Esta está formada pola canteira e os seus adestradores son Felipe Silva e Iván.

Cesantes-Rodavigo, o equipo masculino, está dirixido por Benji e acumula 41 anos de historia. Aínda que algún ano non puideran sacar a embarcación ao mar por falta de xente, mantívose no tempo ata consolidarse.

Nun principio o evento estaba emprazado na Casa da Torre, pero por mor da chuvia decidiron trasladalo ao Pavillón A Marisma, no mesmo horario, ás 20:00 horas. Alí estarán presentes os representantes do Concello e alcaldesa Digna Rivas, a directiva do club CCD Cesantes-Rodavigo, xunto cos remeiros e remeiras de todas as embarcacións que conforman a gran familia do club, os nenos e nenas das categorías inferiores e as familias para ofrecer un espazo de conversa para as persoas interesadas e presentar “con orgullo” as embarcacións absolutas.

Dende a organización animan á veciñanza a achegarse e apoiar aos deportistas do municipio e pasar unha “fantástica tarde todos xuntos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará