Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O balonmán feminino triunfa na bomboneira

sar cadete

As mozas da Sar Rodavigo quedaron as portas de facerse cunha praza para a fase final do Campionato de España. Non puido ser ao perder o último dos partidos disputados na mañá de onte ante o Aula Valladolid por 16-20. Unha derrota que non desluciu a festa do balonmán que se viviu ao longo de tres xornadas no pavillón de Redondela cunha afección entregada e unhas xogadoras que o deron todo na pista.

As cadetes da SAR Rodavigo pelexaron ata o final logrando dous empates e caendo no último dos partidos o que lles impediu clasificarse no Top8 de España.

O primeiro dos partidos das rapazas da Sar dentro do Sector A do Campionato de España tiña lugar o venres contra o Aceuchal de Estremadura. Malia que arrancaron mal chegando a ter un marcador en contra de 7 goles, as de Manolón lograron remontar facéndose finalmente cun empate a 25 goles.

A segunda das citas foi coas madrileñas do Sanse na tarde do sábado e novamente as de Redondela, nun partido moi igualado tiveron que conformase cun empate que soubo a pouco.

O partido definitivo chegaba na mañá do domingo. As rapazas da Sar tiñan que vencer ao Aula Valladolid para lograr o pase ao campionato de España pero non puido ser. Cairon ante o seu rival por 16-20 nun partido moi intenso que novamente levantou a bancada da bomboneira que gozou dunha fin de semana de balonmán en Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará