Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR proclámase campión da Copa Federación

sar copa federación

Vibrante partido o vivido no pavillón de Redondela correspondente a final da Copa Federación con vitoria para os anfitrións da SAR OP Mobility. O equipo de Redondela despedía así  a tempada conseguindo o título de Campións da Copa Federación tras vencer por 27-25 ao Seis do Nadal nun partido onde non faltou a emoción coa despedida de Gabo.

Un intenso partido no que os locais foron practicamente todo o encontro por diante no marcador, malia que sempre cunha renda moi escasa de 1 ou dous goles o que non lles permitiu baixar os brazos en ningún momento. Ao descanso chegábase cun axustado 14-13 a favor da SAR que reanudaban o partido cun tanto de David Blanco, pero novamente os visitantes acurtaban distancias con dous goles que os igualaban no marcador facendo temer o peor. Con todo, os de Redondela seguiron pelexando ata o final acadando a vitoria por 27-25 ante o Seis do Nadal.

Non faltou a emoción coa despedida dun dos seus xogadores Gabriel Pazos “Gabo” quen recibiu unha ovación do público e agasallos dos seus compañeiros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará