Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Inglés en San Simón e surf en Carballo dentro das actividades de verán de Soutomaior para a mocidade

foto campamento illa de san simón 02

Soutomaior impulsa durante este verán diferentes programas orientados a mozos e mozas de entre 12 e 17 anos. O San Simón Camp desenvolverase na Illa de San Simón do 15 ao 18 de xullo e o Campamento de Surf na praia de Razo en Carballo do 27 ao 31 de xullo. As inscricións para estes campamentos serán en liña e estarán abertas do 1 ao 20 de xuño.

O primeiro destes campamentos, segundo explicou a concelleira de mocidade, Rosana Martínez, terá lugar do 15 ao 18 de xullo e será o o San Simón Camp, un encontro de inmersión lingüística en inglés na Illa de San Simón. O principal obxectivo é que os participantes se divirtan ao tempo que  aprenden un idioma estranxeiro. O equipo de monitores converterá o inglés no idioma vehicular en todos os momentos do día, procurando que o campamento se realice 100% en inglés. Para as actividades os grupos organizaranse por nivel de competencia.

Unha cita para a que haberá 49 prazas e terá un custe de 50 euros para as persoas empadroadas e de 145 para os non empadroados. Neste prezo inclúese manutención, pernocta en habitación dobres-triples, actividades, material, persoal titulado, seguridade, seguro, desprazamentos. (https://qrcd.org/5HLY).

A outra novidade do verán é o Campamento de Surf, unha cita que se desenvolverá do 27 ao 31 de xullo na praia de Razo en Carballo (A Coruña). A escola Art Surf Camp, ofrece clases de surf con monitorado altamente cualificado e a oportunidade de divertirse nunha experiencia única nun ambiente seguro e acolledor. Os grupos organizaranse por idades. Neste caso as prazas son 49, cun custe de 70 euros para as persoas empadroadas e de 250 para os non empadroados. Un prezo que inclúe: manutención, pernocta en habitacións compartidas con baño, actividades, material, persoal titulado, seguridade, seguro, desprazamentos de ida e volta. (https://qrcd.org/5HM8).

As prazas cubriranse por orde de inscrición e terán preferencia as persoas empadroadas no concello de Soutomaior.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará