Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes solicita unha nova reunión co equipo técnico do PXOM

reunión

As reunións informativas arrancaron en Saxamonde

As reunións informativas que se están a celebrar nas parroquias de Redondela dende o pasado 9 de abril, co obxecto de achegar á veciñanza os pormenores do Plan Xeral en fase de exposición pública, afronta esta semana o seu tramo final. De feito, está previsto que as últimas reunións se celebren esta mesma tarde, 21 de maio no multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela e mañá mércores no multiúsos da Xunqueira, ambas ás 17:00 horas. Con todo, o Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy de Cesantes, ven de solicitar ao goberno local que convoque unha nova reunión para abordar dúbidas en torno ao futuro urbanístico da parroquia.

Explican dende a asociación cultural que “facéndose eco das demandas dos veciños, quen amosaron o seu descontento ante as insuficientes e pouco prácticas explicacións na xuntanza celebrada o pasado 6 de maio cos técnicos do equipo redactor e os representantes do goberno” entenden que é preciso que se celebre unha segunda reunión.

Aseguran que na xuntanza celebrada hai 15 días as explicacións dos técnicos reducíronse “a pouco máis que a amosar aos asistentes o xeito de acceder telematicamente ao Plan de Ordenación” que se pode consultar dende a páxina web do concello.

Insisten na necesidade de volver convocar a veciñanza para facer novas e máis exhaustivas aclaración en torno ao Plan “tendo en conta que Cesantes é unha das parroquias máis grandes do concello e na que moitos veciños carecen de medios telemáticos ou de coñecementos para poder acceder deste xeito ao PXOM”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará