Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela tamén se organiza contra o megaproxecto de Altri

altri 2

O colectivo Sinha Paca convoca esta tarde, martes 21, unha xuntanza aberta para debater posibles actuacións de cara a mobilizarse contra o proxecto empresarial que se pretende instalar en Palas de Rei. Un proxecto que xa está a provocar numerosas reacción contrarias polos posibles efectos nocivos e contaminantes que podería ter non só no lugar no que se instale, senón en toda a comarca do Ulla ou mesmo na ría de Arousa, onde desemboca o río. A reunión será ás 20:30 horas na Casa da Cultura.

Unha empresa que nun principio foi anunciada como un proxecto para a produción de fibras téxtiles de forma sostible, pero que a día de hoxe, tal e como denuncian os colectivos medioambientais, veciñais e sociais que se teñen posicionado en contra, vai centrarse na elaboración de celulosa.

Unha planta que ocupará unha superficie dez veces máis grande que o que ocupa a fábrica de celulosas de Ence en Pontevedra, que devorará anualmente 1,2 millones de toneladas de eucalipto e extraerá 46 millóns de litros de auga cada día do río Ulla devolvendo outros 30 millóns depurados pero aínda contaminados.

Berto Covelo, SinhaPaca

Insisten ademais que os supostos beneficios en canto á creación de emprego non son reais, xa que fronte aos 200 novos postos de traballo que supostamente crearía Altri destruiríanse outros moitos no sector agrícola gandeiro ou mesmo turístico.

Co obxecto de amosar o posiconamento en contra de toda a sociedade hai convocada unha manifestación este domingo 26 en Palas de Rei.

Na reunión de hoxe falarase tamén de posibles actividades a desenvolver en Redondela para amosar o descontento con este megaproxecto dende o noso concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará