Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Seis concellos únense para crear a agrupación Protección civil Oitavén-tea

MOMENTO SINATURA CONVENIO -min (1)

A nova agrupación de Protección Civil Oitavén –Tea nacía oficialmente co acto de sinatura dos alcaldes dos seis concellos participantes. Unha agrupación, con base en Soutomaior e en Mondariz, que se converte na máis grande de toda Galicia coa participación dos concellos de Soutomaior, Mondariz, Mondariz Balneario, A Lama, Covelo e Fornelos de Montes.

Con este convenio os 6 concellos contan con novo equipamento e maximizan o rendemento de Protección Civil prestando un mellor servizo a un menor custe. Así mesmo,a nova agrupación ten opción a mellores subvencións, o que a súa vez repercutirá na obtención de máis e mellor material para executar as súas funcións. Ademais, de acordo co negociado coa Dirección Xeral de Emerxencias, esta nova agrupación conta con profesionais con ampla formación no sector das emerxencias contratado a tempo completo.

Con esta cohesión os seis concellos que conforman esta agrupación pasarán a ter un operativo de Protección Civil con máis de 30 voluntarios, unha cifra que se incrementará nos vindeiros meses coa incorporación de novos voluntarios que na actualidade están realizando cursos formativos.

Deste xeito, Protección Civil Oitavén – Tea contará con 4 vehículos: 2 todoterrenos, 1 furgoneta, 1 turismo, 2 remolques de emerxencia, 2 carpas, 1 moto e equipamento para operativos especias e atención sanitaria.

Na sinatura do convenio estiveron presentes o alcalde de Soutoamior, Manu Lourenzo, o de Mondariz, Xoán Carlos Montes, o alcalde de Mondariz Balneario, César Gil,  o rexedro da Lama, David Carrera, o de Covelo, Juan Pablo Castillo, o alcalde de Fornelos de Montes, Emiliano Lage e a presidenta da Agrupación Mónica Oliveira así como o xefe da área técnica de emerxencias da Xunta de Galicia, Juan Benito.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, quixo “agradecer a boa disposición de todos os alcaldes dos diferentes partidos políticos que conforman estes concellos: PSOE, PP, BNG e Independente, partidos, todos eles, que traballaron por un gran acordo que vai a mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza de todos os municipios, no caso de Soutomaior teremos, ademais, un importante mellora de recursos a aforraremos máis de 12 mil euros en relación ao que se viña gastando en anos anteriores”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará