Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco despide a tempada sen cumprir o obxectivo do ascenso

6e51fa4e-db0c-4b33-8016-efe346fdb0b6

Rematou a tempada das distintas ligas do Fútbol tradicional con cambios na táboa:

  • O CD Choco estivo a piques do ascenso a Terceira Federación gracias as dúas últimas vitorias que o mantivo na loita polo segundo posto, pero finalmente non o conseguiu polo gol-average.
  • O CD Soutomaior logrou o ascenso a Segunda Galicia onde xogará agora contra o CD Arcade que mantivo a permanencia.
  • O CD Cesantes descende a Terceira Galicia e remata a liga de pechacancelas do grupo.

Antela FC  – O CD Choco (3-4)

O Choco venceu ao Antela en Xinzo de Limia, sen embargo non conseguiu o ascenso a pesar dun final de tempada espectacular. Quedaron distanciados do segundo posto, non pola suma de puntos, senón polo número de goles marcados. Remataron de terceiros empatados a 48 puntos co Valladares, pero estes superaron aos choqueiros no gol-average, polo que a disputa polo ascenso a Terceira Federación resolveuse en favor dos vigueses.

Na recta final desta segunda volta o CD choco mantivo o pulso co Céltiga e Valladares, rivais directos aos que tiña que superar para lograr o obxectivo do ascenso a Terceira Federación.  Para darse esta posibilidade tiñan que confluír varios factores. Por un lado, que os de Tizón gañaran as dúas ultimas xornadas de liga, algo que si conseguiron, e por outro que o Valladares e o Céltiga empataran ou perdan na final da tempada. Os arousáns perderon contra o CD Ribadumia, pero o Valladares logrou a vitoria fronte ao UD Atios. Esta situación deixou en mans do gol-average o ascenso que foi para os vigueses.

PRIMEIRA GALICIA

S.C.D. Ponte Caldelas – CD Arcade (2-1)

Derrota do Arcade na súa visita ao Ponte Caldelas no campo de A Lama, cun resultado de 2 fronte a 1. Rematan a tempada na décima posicióncon 48 puntos e empatados co Tyde CF. Esta última xornada de liga rompeu a boa racha que levaba o Arcade con 3 partidos consecutivos gañados.

SEGUNDA GALICIA

Soutomaior –  Figueirido CF  (3-1)

Vitoria para o CD Soutomaior que xa ten asegurado o as censo de forma matemática a primeira autonómica, onde xogará contra o Arcade. Despois de vencer na súa visita ao Figueirido cun resultado de 3 fronte a 1 remataron a tempada de segundos con 70 puntos. So foron superados polo Marcon Atletico que suma 75 puntos no primeiro posto.

CD Cesantes – Unión Dena CF (1-9)

Descenso do CD Cesantes, despois da derrota do domingo fronte A Lama cun resultado de 3 fronte a 1. Rematan a tempada de pechacancelas do grupo con 12 puntos e descenden a Terceira Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará