Hoxe é Luns 20 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP insta ao Concello a ampliar o prazo de alegacións do PXOM e mellorar a edificabilidade nas parroquias

reunión pxom

Os populares aseguran ter recibido queixas da veciñanza que se “sente desamparada e sen poder contar coa información necesaria”. Asegura o voceiro do PP, Javier Bas que nas reunións parroquiais moitos “vanse peor informados do que entran” e instan ao goberno a que traballen conxuntamente cos representantes das parroquias “para mellorar a edificiabilidade en cada zona”.

O pasado 21 de marzo abriuse o prazo para exposición pública do Plan Xeral iniciando o mesmo tempo o prazo de alegacións. Varias semanas despois, aseguran os populares “son centos os veciños de Redondela que amosan o seu enfado pola mala xestión levada a cabo pola alcaldesa e o seu equipo na consulta da información para poder facer as alegacións ao PXOM”.

As medidas postas a disposición dos veciños para que puidesen informarse de como lle podía afectar o novo planeamento, “son insuficientes e pouco clarificadoras” á hora de facilitar ó acceso á información sobre o novo documento urbanístico. Engaden os populares quen “é inadmisible que nun asunto como son as alegacións ao PXOM, ás que teñen dereito todos e cada un dos cidadáns de Redondela, non poidan contar cos medios nin axeitados nin suficientes. Despois de varias semanas, estamos comprobando que o concello non pode seguir nesta liña porque os veciños vanse das reunións parroquiais porque segundo nos din, saen peor informados do que entran”, lamentou o voceiro popular, Javier Bas.

Ademais, comentan os Populares, que o concello debe traballar en conxunto cos diferentes representantes de cada unha das parroquias, para presentar solucións as particularidades de cada unha delas, e así facer un PXOM que este acorde as necesidades da cidadanía de Redondela que permita facilitar a edificabilidade e desenrolo de todas, e cada unha, das parroquias do concello.

Os populares dan traslado de que a pesar da gran resposta veciñal ás reunións nas parroquias, non se están a cumprir as necesidades de información dos veciños, e solicitan que ademais de ampliar o prazo das alegacións, se cambie o enfoque das reunións, das que os veciños se queixan que son demasiado técnicas e non lle serven para nada, e que tamén aumenten os tempos de consulta e información nas citas previas, xa que na actualidade, os veciños só teñen 15 minutos para poder facer a consulta, o que conleva que teñen que pedir varias citas para poder ter solución ás súas preguntas sobre as súas propiedades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará