Hoxe é Luns 20 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alumnado do obradoiro de hostalaría amosarán as súas dotes culinarias na Festa do Choco

obradoiro emprego recortada

As persoas que se acheguen ao recinto na mañá do sábado poderán degustar os garavanzos con choco, as croquetas e a empanada de choco elaborado por estes alumnos e alumnas que dende o mes de outubro se están a preparar na especialidade de hostalaría dentro do programa de emprego de Redondela. A directora do obradoiro Marita Pintos, salienta a “ilusión e bo facer” deste alumnado que xa ten colaborado con centros de día e centros escolares.

A formación dos “alumnos-traballadores”, que acceden a estes obradoiros financiados polo Ministerio e o Fondo Social Europeo, conta coa dobre vertente tanto teórica como práctica. Nesta edición que arrancou en outubro, son 16 os alumnos e alumnas que se están a formar en deseño e hostalaría.  Dous certificados de profesionalidade con oito alumnos cada unha das especialidades que se preparan cunha experiencia real que busca que poidan acceder ao mercado laboral.

Mentres reciben todos os coñecementos que precisan en canto a manipulación de alimentos ou a xestión do produto, tamén realizan actividades vinculadas coa práctica da profesión. Así, logo de ter servido catherings en diferentes espazos, como colexios ou centros de día, esta fin de semana tamén se verán co público da Festa do Choco. Para a ocasión presentará un vídeo elaborado tamén polo alumnado de deseño gráfico, e ofrecerán tres pratos: croquetas de choco, empanada de choco e uns innovadores garavanzos con choco.

Un alumnado que estará este sábado na carpa da Festa do Choco a partir das 13:00 horas ofrecendo os seus pratos nunha celebración gastronómica que arranca hoxe  coa apertura da carpa de degustación ás 19:30 e a música de orquestra de Saxo ás 20:00 hroas e a Orquestra Combo Dominicano ás 23:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará