Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela organiza a oitava andaina para dar a coñecer o Camiño pola Costa

camiño

A Asociación de veciños de Chapela organiza o sábado día 4 unha xornada de convivencia, deporte e cultura que servirá para reivindicar o Camiño de Costa que atravesa a parroquia. Esta oitava andaina levará aos participantes a percorrer a distancia que separa Caldas de Reis de Padrón.

A inscrición debe facerse no teléfono 649376094 e ten un prezo de 22 euros os socios e 24 euros os que non o sexan, con prezo reducido para menores de 18 años, que pagarán 10 euros. Inclúe o traslado en autobús, guía coas explicación de Ramón Varela e seguro.
As persoas que desexen participar sairán ás 9:00 horas en autobús dende o Pavillón de Deportes de Chapela para ir ata Caldas de Reis, lugar dende onde partirá este percorrido a pé. Os participantes terán por diante 18,5 quilómetros ata chegar a Padrón.
Unha andaina na que se irán alternando o paso por aldeas con tramos de bosque, especialmente atractivos nesta altura do ano. En Pontecesures deixarán a provincia de Pontevedra para adentrarse na Coruña. En Padrón verase o bloque de granito coñecido como o Pedrón no que se amarrou a barca que trasladaba o corpo de Apóstolo Santiago. Haberá unha parada na localidade antes de regresar a Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará