Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A alumna do Pedro Floriani, Alba Roza representará a Redondela na Olimpíada estatal de Xeografía

foto xeografía

A Olimpíada Nacional de Xeografía promovida pola Asociación de Xeografía española e o Colexio de xeógrafos de España celébrase os días 3 e 4 de Maio na Universidade de Sevilla. Unha Olimpíada na que participan tres alumnos de cada comunidade e na que haberá representación redondelá. Alba Roza, alumna do instituto Pedro Floriani foi quen de facerse un oco na final logo de superar a fase autonómica disputada en Santiago.

A moza redondelá presentouse a estas probas animada polo seu profesor de xeografía, Javier Sánchez, quen decidiu inscribilos na fase autonómica tras comprobar o elevado nivel que algúns dos seus alumnos e alumnas tiñan nesta materia.

Javier Sánchez, profesor de Xeografía

Unha proba tipo test con diferentes cuestións vinculadas coa temática desta materia e que van máis aló de memorizar capitais, ríos ou nomes doutro accidentes xeográficos. De feito, explica Alba que as cuestións que máis lle interesan da asignatura son as vinculadas coa meteoroloxía e a demografía por tratarse de “cuestións máis practicas que podemos aplicar ao noso día a día como interpretar os mapas de isóbaras ou analizar e entender o mundo no que vivimos

Alba Roza, finalista da Olimpíada

Viaxa a Sevilla este mesmo venres acompañada dos outros dous alumnos galegos que superaron a fase autonómica. Confía en facer un bo papel “pero sen presión por acadar ningún premio” malia que recoñece que os 500 euros do primeiro premio non lle irían nada mal. Terá que responder un total de 100 preguntas tipo test cun tempo límite de hora e media. En todo caso, xa é toda unha experiencia a oportunidade de participar e visitar a capital andaluza.

Facer un bo papel

En canto a preparación previa estivo moi condicionada polos exames de segundo de bacharelato polo que está nestas últimas horas repasando algúns textos de cartografía, meteoroloxía e os temas que aparecen na propia páxina do Instituto Xeográfico nacional.

Unha Olimpíada de Xeografía que promove tamén unha ollada diferente a esta materia que, máis aló da faceta memorística, busca explicar a realidade que nos rodea.

Evolución da Xeografía
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará